Escoitar

O Concello levou a cabo actuacións para reparar as beirarrúas da cidade por 245.000 euros

O Departamento de Vías e Obras levou a a cabo actuacións para reparar as beirarrúas do municipio por un importe de 245.000 euros. A superficie reparada é duns 4.650 metros cadrados. Agora están por rematar as obras en 1.030 metros cadrados, por un valor de 55.000 euros.

martes, 15 feb 2005
O Departamento de Vías e Obras do Concello realizou actuacións para a reparación xeral de beirarrúas no municipio por un importe de 245.000 euros. A superficie total reparada é duns 4.650 metros cadrados. Proximamente levaranse a cabo máis obras de reparación por valor de 55.000 euros noutros 1.030 metros cadrados de beirarrúas.

En total, están incluídas neste programa de actuacións 93 rúas, entre elas as De Alfonso XIII, Álvaro Cunqueiro, Areal, Castelao, Coruña, Ecuador García Barbón, Gran Vía, Joaquín Loriga, López Mora, Marqués de Alcedo, Nicaragua, Policarpo Sanz, Rosalía de Castro, Urzaiz e Venezuela, así como a Praza de España e a ronda de Don Bosco. Nestes momentos, as obras de reparación están en curso nas rúas de Camelias, Vázquez Varela e no encontro entre Padre Feijoo e Puerto Rico.