venres, 16 abril 2004
O Concello porá en marcha unha campaña para informar á cidadanía do bando da Alcaldía sobre os actos de natureza vandálica

O Goberno está a realizar un importante esforzo na conservación do contorno urbano <br />

O Goberno local está a reforzar tódalas actuacións relacionadas coa conservación do contorno urbano. Dende o mes de xaneiro, o goberno incrementou as accións dirixidas á conservación dos espacios públicos, á remodelación de zonas axardinadas, á eliminación das pintadas e carteis, ó mantemento de parques infantís, ou o arranxo de mobiliario urbano, así coma tódolos aspectos que menciona o bando sobre actos de natureza vandálica que publicou a Alcaldía. Ademais, estase a facer un importante esforzo no pavimentado e renovación de rúas e beirarrúas e, a través da Policía Local, na campaña para combate-la dobre fila.

Trofeo Cidade de Vigo de Mountain Bike

venres, 16 abr 2004

Esta fin de semana celebrase a cuarta edición do Trofeo Cidade de Vigo de Mountain Bike nos montes de Coruxo que organiza a Real Federación Española de Ciclismo, Concello de Vigo e RP3 Asociación Deportiva.

<br />

Programa nunicipal de Escolas Deportivas 2004-2005

venres, 16 abr 2004

Comeza o prazo para a presentación dos proxectos docentes do programa municipal de escolas deportivas para todas aquelas entidades deportivas que están a desenvolver o dito programa durante o actual curso, nas modalidades existentes.

Programación do Marco para os próximos meses

venres, 16 abr 2004

A directora do MARCO, Carlota Álvarez Basso, presentou a programación do museo para os meses de abril e agosto do presente ano que se centrará en exposicións temporais, actividades audiovisuais, encontros de arte sonora, mesas redondas e conferencias, e programa didáctico, entre outras.

Reunión da Xunta de Goberno Local

venres, 16 abr 2004

A Xunta de Goberno celebra sesión ordinaria o luns día 19 a partir das oito e media da mañá e ,entre outros asuntos, tratará do proxecto de regulamento orgánico do Tribunal Económico-Administrativo do Concello de Vigo e da proposta do proxecto de humanización das rúas Hernán Cortés , Luis Braille e Magallanes.