Escoitar

Reunión da Xunta de Goberno Local

A Xunta de Goberno celebra sesión ordinaria o luns día 19 a partir das oito e media da mañá e ,entre outros asuntos, tratará do proxecto de regulamento orgánico do Tribunal Económico-Administrativo do Concello de Vigo e da proposta do proxecto de humanización das rúas Hernán Cortés , Luis Braille e Magallanes.

venres, 16 abr 2004
1.- Acta da sesión ordinaria do 30 de marzo de 2004.

ALCALDÍA
2.- Proxecto de regulamento orgánico do Tribunal Económico-Administrativo do Concello de Vigo.

ASESORÍA XURÍDICA
3.- Sentencia do TSXG no r.c.a. nº 02/4233/00 interposto por Dª. PILAR BOUZA MARIÑO contra resolución de 13.12.99 desestimatoria de reclamación de responsabilidade patrimonial. Desestimado.

4.- Sentencia do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 455/2001 interposto por TAMARO S.L. contra resolución de 16.10.01 que ordea o precinto do local sito na rúa Pontevedra nº 6. Desestimado.

5.- Sentencia do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 229/2003 interposto por CONGREGACIÓN RELIGIOSA COMPAÑÍA DE MARIA en relación denegación de devolución de ingresos indebidos por liquidación do Imposto sobre construccións, instalacións e obras. Desestimado.

6.- Sentencia do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 228/2003 interposto por CONGREGACIÓN RELIGIOSA SALESIANA en relación coa denegación de devolución de ingresos indebidos por liquidación do Imposto sobre construccións, instalacións e obras. Desestimado.

7.- Sentencia do X. do Contencioso-Administrativo nº1 de Vigo no r.c.a. nº 317/03 interposto por D. FRANCISCO JAVIER VILLAR MARTÍNEZ contra sanción de tráfico. Estimado.

8.- Sentencia do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 31 e 32/04 interpostos por IBERPLAS S.L. en relación con dilixencias de embargo por impago do IAE de 1992 e 1993. Desestimado.

9.- Auto do X. do Contencioso-Administrativo nº 1de Vigo no r.c.a. nº 315/2003 interposto por PESCA NUÑEZ S.L. en relación co alta no recibo de Exaccións unificadas industriais. Desestimento.

ATENCIÓN CIDADÁ
10.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servicio de Atención Cidadá durante o mes de decembro de 2003.

BENESTAR SOCIAL
11.- Prestación do Servicio de Axuda no Fogar: alta exptes. 11/29967, 11/18042, 11/19790, 12/24412, 14/30497 e 5/6580.

CULTURA
12.- Rectificación de erro material en acordo da Xunta de Goberno do 23.02.04, sobre subvención á Fundación Laxeiro. Expte. 8184/331.

DEPORTES
13.- Solicitude do Servicio de Deportes da Universidade de Vigo de autorización para realiza-lo I Trofeo Universidade de Vigo de Triatlón Indoor o día 16.05.04. Expte. 4392/332. Estimada.

14.- Solicitude do ANPA do CEIP Párroco D. Camilo para realizar o XX Cross Escolar Párroco D. Camilo o día 9.05.04. Expte. 4391/333. Estimada.

15.- Solicitude do Servicio de Deportes da Universidade de Vigo para realizar o I Campionato Universitario de Volei Praia o día 6.05.04 na praia do Vao. Expte. 4390/333. Estimada.

16.- Solicitude do ANPA do CEIP Otero Pedraio de autorización para realizar o Cross Escolar Otero Pedraio o día 1.05.04. Expte. 4389/333. Estimada.

17.- Solicitude da A.VV. Cristo da Victoria de Coia para realizar o XXVI Medio Maratón Popular de Coia o día 23.05.04. Expte. 4388/333. Estimada.

FESTAS E ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL
18.- Proxecto de convenio de colaboración para a organización do III Festival alternativo de teatro e danza "Vigo, a outra alternativa". Expte 972/335.

INTERVENCIÓN
19.- Proposta de anulación de saldos pendentes de cobro do Presuposto de Ingresos (exercicios pechados) correspondentes a subvencións e liquidacións. Expte.5/2004.

MOBILIDADE E SEGURIDADE
20.- Solicitude da Federación de Peñas "El Olivo" de autorización para celebra-la Festa das Peñas os vindeiros días 26 e 27 de xuño no Parque de Castrelos. Expte. 69448/210. Estimada.

21.- Adxudicación para chatarra de vehículos do depósito da Avda. de Madrid. Expte. 69515/210.

MONTES, PARQUES E XARDÍNS
22.- Reclamación de danos de Dª Milagros Conde Simón, empregada eventual do Concello de Vigo, por rotura de gafas en xornada laboral. Expte. 2753/446.

PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
23.- Devolución de fianzas:
a) Fundició Ductil Benito: subministración de materiais de construcción. Expte.141/241.
b) Emergencia 2000: subministración dunha ambulancia para Protección Civil. Expte.144/241.

24.- Expediente de contratación da asistencia técnica para reorganización e xestión da Aula municipal de etnografía. Expte.2021/307.

25.- Revisión do IPC e prórroga do contrato de limpeza de colexios públicos do Concello de Vigo adxudicado á empresa Limpezas del Noroeste S.A. (Linorsa). Expte.4378/332.

26.- Expediente de contratación para a subministración de consumibles orixinais e reciclados de impresoras para o Concello de Vigo. Expte.1429/113.

27.- Expediente de contratación para a contratación dos servicios de xestión e dinamización sociocultural do Centro de Artesanía Tradicional (CAT) do Concello de Vigo. Expte. 307/04.

28.- Dar conta da resolución do Xulgado de 1ª Instancia nº 2 de Vigo no menor contía 581/1998 sobre embargo á Inmobiliaria Samil S.A. Expte. 16757/240.

PERSOAL
29.- Dar conta de resolución da Alcaldía de 30.03.04 de contratación interina con cargo a dúas prazas vacantes de axudante de oficios. Expte.14591/220.

30.- Bases de selección para a cobertura interina dunha praza funcionarial de técnico auxiliar do laboratorio municipal, vacante na vixente relación de postos de traballo. Expte. 14990/220.

31.- Solicitude de permiso non retribuido de D. Manuel López Rodríguez por un período de tres meses. Expte. 14991/220. Estimado.

32.- Proposta de regularización da xornada estructural do persoal adscrito ó SEIS e do réxime das xornadas de reforzo. Expte. 14963/220.

33.- Proposta para o nomeamento dun funcionario interino con cargo á praza vacante de diplomado en Traballo Social. Expte.14967/220.

TURISMO
34.- Bases da convocatoria de doce bolsas para a realización de prácticas en oficinas e servicios de información turística. Expte.1414/104.

VIAS E OBRAS
35.- Proposta de aprobación técnica de proxectos de obras:
a) Proxecto de humanización das rúas Hernán Cortés e Luis Braille. Expte. 40713/250.
b) Proxecto de humanización da rúa Magallanes. Expte. 40711/250.

36.- Rogos e preguntas.