mércores, 14 abril 2004
A alcaldesa trasladará a proposta á comisión que desenvolve os regulamentos da Lei de Modernización das Grandes Cidades

Corina Porro propón que a Fundación Provigo forme parte do Consello Social da cidade<br />

A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, anunciou hoxe que proporá que a Fundación Provigo se integre no Consello Social da Cidade, o máximo órgano de participación encargado, segundo a lei, da "emisión de informes, estudios e propostas en materia de desenvolvemento económico local, planificación estratéxica da cidade e grandes proxectos urbanos".

Animación Sociocultural convoca o concurso de carteis para anunciar as Festas do Cristo da Victoria de 2004

mércores, 14 abr 2004

Co obxecto de seleccionar un cartel para empregar na difusión do programa das FESTAS DO CRISTO DA VICTORIA 2004, a Concellaría de Festas e Animación Sociocultural do Concello de Vigo organiza un concurso no que poderán participar todas as persoas físicas ou xurídicas que o desexen, e poderán presentar cantas obras queiran, coa condición indispensábel de seren inéditas.