Escoitar

Deportes presenta un plano para fomentar o deporte de orientación no Monte do Castro

O IV Campionato Galego Universitario de carreiras de orientación celebrarase o próximo sábado día 17 de abril organizado polo servicio de deportes da Universidade de Vigo en colaboración coa concellería de Deportes.

martes, 13 abr 2004
1081857765orientacion.jpg
Lucía Molares, concelleira de Deportes e Xabier Martínez, vicerrector de Relacións Institucionais presentaron hoxe o campionato , no que se espera unha participación de 200 persoas , e un plano para fomentar o deporte de orientación no Monte do Castro. A novidade da edición deste campionato é que a participación está aberta aquelas persoas maiores de 12 anos, non só á comunidade universitaria, que queiran probar e experimentar esta modalidade deportiva realizando un percorrido cunha dificultade baixa.

Na proba que comezará as dez da mañá do sábado día 17 haberá 5 categorías: homes universitarios, mulleres universitarias, homes fora de concurso, mulleres fora de concurso e iniciación. A proba está deseñada en seis percorridos, cun desnivel que oscila entre os 60 e 100 metros e o número de balizas a localizar están entre as 11 e as 17, dependendo da categoría.

A orientación é unha modalidade deportiva na que o obxectivo dos participantes é realizar no menor tempo posible un percorrido marcado nun plano e sobre o terreo por puntos de control. A carreira realizase desde a saída ata a meta visitando os puntos de control na orde indicada sobre o plano, de maneira individual e coa brúxula como único instrumento válido de axuda.
1081857765orientacion.jpg
1081857863mapacastro.jpg
Descargar todas as imaxes