Bases de participación no X Festival Folclórico Internacional
A Concellaría de Festas e Animación Sociocultural vai programar o X Festival<br /> Folclórico Internacional "Concello de Vigo", creado co obxecto de fomentar,<br /> promocionar e achegar o folclore popular a todas e todos os veciños do termo municipal.
Por este motivo, ofértase un espectáculo folclórico a cinco escenarios ou recintos de actuación para acoller a presente edición do festival, concretamente os días 16, 18, 20, 21 e 22 de xullo.
Poderán inscribirse todas aquelas entidades ou asociacións de carácter socio-cultural de Vigo que estean interesadas en acoller un destes espectáculos.
A solicitude de inscrición realizarase en impreso normalizado no Rexistro Xeral
do Concello de Vigo; o prazo será dende o 15 ao 30 de abril, ambos inclusive.