luns, 12 abr 2004
A Concellería da Muller asinou un convenio de colaboración para garantir o libre acceso do público ó centro de documentación e biblioteca da asociación Alecrín, que conta con material específico sobre a muller. A aportación do Concello será de 24.000 euros.
luns, 12 abr 2004
A Concellaría de Festas e Animación Sociocultural vai programar o X Festival<br />
Folclórico Internacional "Concello de Vigo", creado co obxecto de fomentar,<br />
promocionar e achegar o folclore popular a todas e todos os veciños do termo municipal.
luns, 12 abr 2004
A exposición itinerante "A artesanía tradicional. Un patrimonio actual" organizada polo Centro de Artesanía Tradicional do departamento de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo estará exposta na planta baixa do Concello de Baiona durante todo o mes de abril en horario de 9 a 15:00 h.