Escoitar
A alcaldesa trasladará a proposta á comisión que desenvolve os regulamentos da Lei de Modernización das Grandes Cidades

Corina Porro propón que a Fundación Provigo forme parte do Consello Social da cidade<br />

A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, anunciou hoxe que proporá que a Fundación Provigo se integre no Consello Social da Cidade, o máximo órgano de participación encargado, segundo a lei, da "emisión de informes, estudios e propostas en materia de desenvolvemento económico local, planificación estratéxica da cidade e grandes proxectos urbanos".

mércores, 14 abr 2004
No informe que a alcaldesa presentou hoxe durante a celebración do Padroado da Fundación Provigo, que ela preside, dixo que trasladaría a proposta á comisión que desenvolve os regulamentos da Lei de Modernización das Grandes Cidades para que inclúa á Fundación.

A alcaldesa xustificou esta proposta recoñecendo a tarefa e o esforzo da Fundación Provigo por "facer cidade". "Este esforzo debe levar á Fundación a todos aqueles foros onde se debatan cuestións urbanas importantes", dixo. Corina Porro destacou tamén que o Padroado da fundación adiantou "moito camiño" no obxectivo que marca a Lei ó Consello Social da Cidade, destacando a elaboración do Plano Estratéxico 2010, aprobado por consenso o pasado mes de marzo. Neste sentido, a alcaldesa indicou que o Plano Estratéxico contempla coma sustantivos "o benestar, a calidade de vida, a competitividade e o desenvolvemento empresarial, o emprego e a identidade da cidade" e que, tralo seu desenvolvemento. "Vigo afrontará con garantía os retos dunha sociedade máis tecnolóxica, esixente e competitiva". Corina Porro lembrou que o Plano Estratéxico da Fundación Provigo e o programa Vigo 2005, sobre o horizonte do ano 2010, "conforman un proxecto común ó que sumarse con ilusión e esforzo, nunha tarefa compartida por todos".

A presidenta do Padroado da Fundación Provigo apostou por traballar en adiante en clave de consenso e diálogo e avogou por facer un esforzo complementario "e buscar, con máis ahínco se cabe, espacios de encontro". Finalmente, Corina Porro propuxo que o padroado manteña reunións, alo menos, seis veces ó ano, e que éstas se celebren nas sedes de cada unha das institucións membros do padroado, para que o conxunto das organizacións participe de xeito máis activo.