Escoitar
A rexedora destaca a capacidade das empresas para crear sinerxias e asegura que a creación dun centro de I+D no parque "indica que o sector está preparado para afrontar con garantías o futuro"

A alcaldesa cualifica o parque empresarial de Texvigo coma un exemplo de cooperación entre empresas

A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, asegurou hoxe que o parque empresarial de Texvigo "supón unha excelente mostra de cooperación entre empresas, que crean sinerxias entre sí e fan delas empresas máis fortes". Corina Porro, que realizou estas manifestacións durante o acto de inicio das obras do futuro parque empresarial, asegurou que "nestas circunstancias, as ameazas de globalización se converten en oportunidades".

xoves, 15 abr 2004
A rexedora destacou a creación dun centro de I+D no futuro parque empresarial, "un feito que nos indica que o sector está preparado para afrontar con garantías o futuro, un futuro no que o deseño e a capacidade de resposta serán claves para a concorrencia das súas empresas".

Ase mesmo, Corina Porro dixo que a creación de servicios comúns para as 44 empresas que se instalarán no Parque Tecnolóxico de Vigo "conforman un proxecto avanzado, no que se conxugan valores empresariais e socias", e neste sentido referiuse á instalación dunha gardería para os fillos dos traballadores, ou a reserva de postos de traballo para persoas con discapacidade "que din oito destes bos empresarios vigueses".