Benestar Social convoca as axudas escolares para libros e comedor
Do 20 ó 30 de abril podese solicitar as axudas municipais escolares para libros e comedor que convoca a concellería de Benestar Social.Estas axudas as poden solicitar as familias que teñan uns ingresos mensuais iguais ou inferiores ás 210 euros por persoa.
Para facer este cálculo deberán contarse pais e fillos/as que convivan no mesmo domicilio. Para solicita-la axuda os/as nenos/as deberán estar matriculados/as en centros públicos ou con concerto xeral.
Condicións:
Que o neno ou a nena estea matriculado/a en Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obligatoria, nun centro da cidade que sexa público ou con concerto xeral. Que a familia estea empadroada en Vigo. Que a familia non supere os ingresos estipulados.
Documentación:
Para os/as alumnos/as que solicitan por primeira vez:
A) Solicitude
B) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade do solicitante
C) Fotocopia do Libro de Familia completo, excepto dos fillos que non convivan no domicilio.
D) Xustificantes dos ingresos mensuais do ano 2004 do pai, nai, titores e irmáns maiores de 16 anos que convivan no domicilio dos/as alumnos/as para os que se solicita a axuda.
Tamén se computarán os ingresos do cónxuxe ou da parella a cal se atope unido/ por análoga relación, así como dos fillos maiores que existan, mediante:
- Nóminas do ano 2004
- Certificado del INSS ou da entidade pagadora da pensión/s que perciba
- Informe da Tesorería Xeral da Seguridade Social (rúa García Barbón nº 58)
- Certificado do Instituto Nacional de Emprego (INEM)
No caso de non poder acredita-la súa situación económica cos documentos anteriormente reseñados, terán que facer unha declaración responsable dos ingresos familiares.
Para os/as alumnos/as que solicitaron anos anteriores:
Achegarán o reseñado nos apartados A e D
Este departamento resérvase o dereito a solicitar toda a documentación necesaria para aclara-la situación socio-económica.
Lugar e prazo das solicitudes:
As solicitudes presentaránse do 20 ó 30 de abril (ámbolos dous incluídos) na UNIDADES BÁSICAS DE ACCIÓN SOCIAL da súa zona relacionadas a continuación:
- Casco Vello – Praza da Princesa nº 7 – Tf. 986-43.84.92
- Central – Praza do Rei s/n Tf. 986-81.02.88
- Coia – Salvaterra nº 9 Tf. 986-29.81.18
- Teis – Sanjurjo Badía nº 240 Tf. 986-27.36.06
- Rivera Atienza - Martínez Garrido nº 21 – int. Tf. 986-26.42.16
- Lavadores – Martínez Garrido nº 21 – int. Tf. 986-26.42.16
Horario: de luns a venres de 9,00 a 13,00 horas
Importe das axudas:
Para libros:
- Educación infantil (3, 4 e 5 anos): 61 €
- Educación primaria (de 6 a 11 anos): 85 €
- Educación Secundaria Obligatoria (de 12 a 16 anos): 109 €
Non poden acceder a estas axudas aqueles rapaces que cursen 6º de Educación primaria ou aqueles cursos nos que se implante o acceso ós libros gratuítamente a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no curso 2004/2005.
Para Comedor:
- Subvencionarase ata un tope máximo de 39,00 €/ por neno/a
- Cando a cota do comedor sexa inferior ó tope establecido aboarase a contía aprobada no Consello Escolar de cada centro para tódolos alumnos que desfruten do servicio de comedor.
Descargar todas as imaxes