luns, 29 setembro 2003

O Concello instalará colectores soterrados para a reciclaxe de residuos

O pleno aprobou un convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Consellería de Medio Ambiente para a instalación de colectores soterrados nos puntos que o Concello estableza por un importe de 966.000 € e unha vixencia ata que se rematen as obras e en todo caso ata o 31 de decembro de 2003, se ben poderá prorrogarse por mutuo acordo de ámbalas dúas partes. O obxectivo desta iniciativa é o de facilitar ós veciños e recollida selectiva e a posterior reciclaxe dos residuos.<br />

Aprobou o proxecto para a remodelación da instalación eléctrica de Balaídos

luns, 29 set 2003

A Comisión de Goberno deu luz verde hoxe ao proxecto para a remodelación da instalación eléctrica no Estadio Municipal de Balaídos. Segundo o expediente, que foi presentado fora do orden do día, as obras consistirán en colocar un cadro xeral de baixa tensión, nove cadros de arranque dos equipos do alumeado, colocación das liñas de alimentación dos cadros de arranque e a remodelación do cadro de transformación.

Mocións aprobadas no pleno

luns, 29 set 2003

A Corporación Municipal acordou aprobar dúas mocións presentadas polo partido PP relativas á limpeza de terreos lindantes ás vivendas do Gorxal e sobre as medidas para evitar o deterioro do entorno da parroquia da Paz.

Exposición de xoias na Casa da Xuventude

luns, 29 set 2003

A Casa da Xuventude acolle dende o día 30 unha exposición titulada "Xoias con formación académica", a cargo da Escola de Xoiería do Atlántico , e que forma parte do programa Mirarte da concellería de Xuventude. A exposición amosa os traballos de creación que realizan os alumnos e alumnas desta escola.