Limpeza está a acondicionar a praia do Adro de Bouzas
A Concellería de Limpeza continuou hoxe cos traballos de acondicionamento da praia do Adro, situada en Bouzas. Duas brigadas, acompañados de personal municipal , iniciaron a pasada semana as tarefas de retirada da capa superficial de lodo para conseguir que este areal se rexenere coas mareas.
Segundo explica o concelleiro deste departamento, Amador Fernández, os traballos rematarán previsiblemente o próximo luns, cando se reforzará o dispositivo persoal e material que nestes momentos está a realizar os traballos.