mércores, 24 setembro 2003
A matrícula estará aberta do 24 de setembro ó 7 de outubro

Aberto o prazo de inscrición da Escola Municipal de Artes e Oficios

Un total de 23 actividades con temáticas tan variada como arpa céltica, artes gráficas, canto popular, cerámica, construcción de zanfona e gaita, corte e confección, debuxo, encadernación, encaixe de palillos, escultura e talla na madeira, gaita, galego, inglés, luthería antiga, ourivería, percusión, pintura, repuxado en coiro, requinta, son e música moderna, violín folk e zanfona desenvolveranse o este curso na Escola de Artes e Oficios.

Urbanismo estudiará varios convenios coa Zona Franca

mércores, 24 set 2003

A Xerencia Municipal de Urbanismo, que se reune o xoves, a partir das dez da mañá, tratará entre outros asuntos da orde do día, varios convenios de colaboración coa Zona Franca entre os que destaca o desenvolvemento dun polígono industrial en Matamá-Valadares.

O MARCO creará a "Agrupación de Amigos do Museo"

mércores, 24 set 2003

O Museo de Arte Contemporáneo contará cunha "Agrupación de Amigos do MARCO" que será presentada oficialmente o próximo venres pola directora do Museo, Carlota Álvarez Basso e a presidenta da Agrupación, Daniela Sarraíno.