venres, 26 set 2003
A directora do Museo de Arte Contemporánea, Carlota Álvarez Basso, presentou a Agrupación de Amigos do Marco,organización sen ánimo de lucro que ten como fins promover, estimular e apoiar accións culturais relacionadas co Museo. Basso estivo acompañada pola presidenta de Agrupación, Daniela Sarraíno.<br />
<br />
venres, 26 set 2003
A Concellería de Limpeza continuou hoxe cos traballos de acondicionamento da praia do Adro, situada en Bouzas. Duas brigadas, acompañados de personal municipal , iniciaron a pasada semana as tarefas de retirada da capa superficial de lodo para conseguir que este areal se rexenere coas mareas.
venres, 26 set 2003
A Escola Municipal de Danza do Concello de Vigo principia proximamente un novo curso coas modalidades de danza tradicional galega e percursión. Os interesados poden inscribirse ata o 3 de outubro e deben presentar as súas solicitudes nas dependencias da escola, situada no soto do Concello.<br />
venres, 26 set 2003
O luns, día 29, a partir das 9 da mañá celebrase sesión ordinaria do Pleno da Corporación con 70 asuntos na orden do día.
venres, 26 set 2003
O Proxecto Compás-Equal inicia a segunda fase de formación do Proxecto Compás con novas accións de aprendizaxe profesional xestionadas polas entidades asociadas CCOO, CIG, UGT, a Confederación de Empresarios de Pontevedra, e a Mancomunidade de Vigo.