Presentada a "Agrupación de Amigos do Marco"
A directora do Museo de Arte Contemporánea, Carlota Álvarez Basso, presentou a Agrupación de Amigos do Marco,organización sen ánimo de lucro que ten como fins promover, estimular e apoiar accións culturais relacionadas co Museo. Basso estivo acompañada pola presidenta de Agrupación, Daniela Sarraíno.<br /> <br />
Poden ser membros da Agrupación de Amigos do MARCO todas aquelas persoas e entidades que crean na posibilidade de desenvolvemento dun novo espacio cultural en Vigo e que, a través da participación directa e dunha contribución económica, consigan apoiar a arte e estética contemporáneos nas súas múltiples manifestacións.
Ser membro da Agrupación de Amigos do MARCO permite gozar de distintos beneficios: entrada libre ao museo, invitación ás inauguracións e ás actividades organizadas exclusivamente para os Amigos en España e no estranxeiro, reserva preferente de inscrición nas actividades non gratuítas e de aforo limitado organizadas polo Marco, descontos nas publicacións que edite o museo, ou recepción da Memoria Anual do Marco, entre outras vantaxes.
O Regulamento da Agrupación establece distintas categorías de vinculación e de responsabilidades dos membros colaboradores, en función das súas características, do compromiso adquirido e da contía económica que aporten para o desenvolvemento dos fins da Agrupación.
Descargar todas as imaxes