Escoitar

Pleno do Concello

O luns, día 29, a partir das 9 da mañá celebrase sesión ordinaria do Pleno da Corporación con 70 asuntos na orden do día.

venres, 26 set 2003

1.- Actas anteriores. (Sesións 23 e 28 xullo e 1 de agosto)

ALCALDIA
2.- Dar conta de resolucións da Alcaldía:

a) De data 24 de xullo de 2003 de nomeamento de presidentes-delegados das comisións informativas.
b) De data 24 de xullo de 2003 do nomeamento de membros da Asemblea da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo en representación do Concello.
c) De data 28 de xullo de 2003 de nomeamento de vocais veciñais nos organismos autónomos Parque Natural das Ciencias-VigoZoo, Instituto Municipal dos Deportes e Escola de Artes e Oficios.
d) De data 6 de agosto de 2003 sobre cambio de réxime de dedicación exclusiva de concelleiros do Grupo Popular.
e) De data 16 de setembro de 2003 sobre cambio na presidencia no organismo autónomo municipal Escola de Artes e Oficios.
f) De data 24 de setembro de 2003 sobre modificación da Resolución de delegación de atribucións de data 30 de xuño.

3.- Proposición da Alcaldía referente ó nomeamento de concelleiros nos organismos autónomos municipais Parque Natural das Ciencias-VigoZoo e Escola de Artes e Oficios.

ECONOMÍA E FACENDA
4.- Ratificación de personamento no recurso contencioso-administrativo núm. 02/4140/2003, interposto por D. Carlos Comesaña Abalde contra acordo plenario do 14.01.03 de aprobación definitiva do orzamento xeral do Concello para o exercicio 2003.

5.- Dar conta dos seguintes expedientes:

a) De recoñecemento extraxudicial de crédito por importe de 24.474,84 € a favor de CESPA, S.A. por traballos de rexeneración do campo de fútbol de Barreiro. Expte. 3595/333.
b) De convalidación de gasto por importe de 251,33 € a favor de GRADE GALICIA, S.L., pola rotulación de dous valados. Expte. 68651/210.
c) De convalidación de gasto por importe de 15.000 € a favor da Asociación Deportiva RPE pola celebración da Maxxis Cup, copa de España de descensos 2003. Expte. 3588/333.
d) De convalidación de factura núm. 147 de Anónimo Publicidad por inserción en prensa de anuncios institucionais do Concello. Expte. 686/101.

6.- Aprobación definitiva da modificación de orzamento núm. 50/03 (crédito extraordinario e suplemento de créditos.

7.- Aprobación provisional da modificación de orzamento núm. 63/03 (crédito extraordinario e suplemento de crédito).

8.- Modificación da ordenanza fiscal xeral.

9.- Modificación da ordenanza fiscal do imposto sobre bens inmobles.

10.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

11.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre actividades econòmicas.

12.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas polos documentos que expida ou que entenda a Administración municipal ou autoridades municipais a instancia de parte.

13.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas relativas ó servicio de transporte urbano de viaxeiros en automóbiles lixeiros de aluguer con conductor (autotaxis e vehículos especiais ou de aboamento).

14.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas polos servicios especiais por espectáculos ou transportes.

15.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación de servicios de prevención de incendios, prevención de ruínas de construccións, derrubas, salvamentos e outros análogos.

16.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora dos dereitos ou taxas pola prestación dos servicios dos cemiterios municipais.

17.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola inmobilización, retirada, depósito e custodia de vehículos.

18.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola recollida de lixo.

19.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación de servicios de inspección sanitaria, os de análises químicas, bacteriolóxicas e calquera outras da mesma natureza.

20.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación dos servicios de sanidade preventiva, desinfección, desinsectación, desratización e destrucción de calquera clase de materias e productos contaminantes ou propagadores de xermes nocivos para a saúde pública prestados a domicilio por encargo.

21.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación de servicios de limpeza de pozos negros, fosas sépticas, solares e servicios similares, así como a recepción de resíduos na pranta de transferencia.

22.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación do servicio de axuda no fogar prestado polo departamento de Benestar Social.

23.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación do servicio de escolas de primeira etapa de educación infantil de Lavadores, Teis e Casco Vello.

24.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora tas taxas por aproveitamento especial ou utilización privativa do dominio público local.

25.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas por aproveitamento especial ou utilización privativa da vía pública e terreos de dominio público local con instalación de quioscos.

26.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas por aproveitamento especial da vía pública con estacionamento de vehículos de tracción mecánica en determinadas rúas municipais.

27.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora dos dereitos e taxas pola concesión de licencias para construccións, obras e instalacións.

28.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas por licencias de actividades e instalacións.

29.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas polos servicios que presta o organismo autónomo municipal Parque das Ciencias-Vigozoo a través do seu parque zoolóxico.

30.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación de servicios de subministración de auga potable, rede de sumidoiros, saneamento e depuración de augas residuais.

31.- Modificación da ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do servicio de organización de espectáculos.

32.- Modificación da ordenanza reguladora do prezo público pola prestación de ensinanzas especiais e outras actividades en establecementos municipais.

33.- Modificación da ordenanza reguladora dos prezos públicos por utilización das instalacións deportivas municipais, pertencentes ó "Instituto Municipal dos Deportes".

34.- "Aqualia". Retribución ano 2003.

VÍAS E OBRAS, AUGAS E SANEAMENTO
35.- Nova denominación da entidade concesionaria do servicio de abastecemento e saneamento de auga.

LIMPEZA E RECOLLIDA SELECTIVA
36.- Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e o Concello de Vigo para a instalación de contenerización subterránea. Expte. 1948/306.

PERSOAL, PATRIMONIO, CONTRATACIÓN E RÉXIME INTERIOR
37.- Solicitude da CIG sobre retribución por exceso de xornada do Servicio de Extinción de Incendios.

38.- Expediente de asistencia ás xornadas "Tutela das persoas maiores".

39.- Nomeamento de representantes corporativos nas comisións de seguimento do acordo regulador-convenio colectivo e paritaria de formación.

40.- Nomeamento de representantes corporativos para a oferta de emprego público do 2003.

41.- Dar conta da resolución da Alcaldía sobre separación do servicio a un funcionario.

42.- Solicitude de compatibilidade de concelleiro como profesor asociado na Universidade.

43.- Solicitude de aboamento de productividade presentada polo empregado municipal D. Emilio Iglesias Alvarez.

44.- Programa de dispoñibilidade horaria para o persoal da Policía Local.

45.- Dar conta do expediente de contratación de obras de emerxencia no estadio municipal de Balaidos.

46.- Solicitude da Asociación de Veciños do Calvario sobre permuta de terreos.

47.- Solicitude de venda da parcela núm. 000569 na rúa Cesáreo González a "Urbanizaciones Lepanto, S.L.".

48.- Solicitude da "Asociación de empresarios do Mercado das Travesas" de ampliación do prazo concesional.

49.- Solicitude de traslado de quiosco na vía pública.

50.- Cambio de titular de arrendamento do local núm. 15 da rúa Hernán Cortés.

51.- Ratificación da recuperación de oficio da propiedade municipal núm. 000119.

52.- Recuperación de oficio dos locais situados nos baixos do estadio de Balaídos.

53.- Solicitude de "Castro Galicia, S.A." de autorización de construcción de tramo viario a extinguir entre as rúas Pintor Colmeiro e Zaragoza.

54.- Dar conta da convalidación de gasto á empresa "Eulen, S.A.", por importe de 3.568,74 €.

55.- Dar conta da convalidación do gasto do servicio de mantemento e conservación dos cemiterios municipais.

56.- Recoñecemento extraxudicial de crédito por obras realizadas no edificio da Escola Municipal de Artes e Oficios pola empresa "Obras y Construcciones Dios, S.A.".

57.- Festas locais do ano 2004.

58.- Aprobación do resume numérico do padrón de habitantes.

CULTURA
59.- Nomeamento de rúas:

a) Cambio de nome dun tramo da Estrada Provincial e proposta de cambio de nome da 3ª Travesía da Salgueira.
b) Rúa Francisco Rey Rivero.
c) Rúa Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres.

URBANISMO
60.- Aprobación definitiva da modificación puntual núm. 3 do plan especial de equipamento docente e infraestructura viaria do Campus Universitario de Vigo.

61.- Aprobación definitiva do estudio de detalle da AAI2 do plan especial de mellora do núcleo Porto Loureiro (Castrelos).

62.- Aprobación definitiva da modificación puntual núm. 1 do plan parcial do parque tecnolóxico e loxístico de Vigo.

63.- Expropiación por taxación conxunta de catro fincas para a execución dos accesos do parque tecnolóxico e loxístico de Vigo.

64.- Licitación pública de edificabilidade municipal na parcela 2-B do plan parcial "Finca Solita".

65.- Ratificación de protocolo e convenios entre o Concello de Vigo e o Consorcio da Zona Franca:

a) Convenio específico de colaboración para o desenvolvemento dun novo polígono industrial en Matamá-Valladares.
b) Convenio específico de colaboración para a remodelación, recuperción, revitalización e desenvolvemento de dotacións urbanísticas, culturais e turísticas da área urbana de Teis-Guixar. Expte. 4465/401.
c) Convenio de colaboración para a ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo. Expte. 4464/401

MOCIÓNS
66.- Moción do voceiro do grupo municipal de Democracia Progresista Galega sobre os Camiños Portugueses a Santiago que pasan por Vigo.

67.- Moción do concelleiro do Grupo Popular, Sr. Iglesias Carrera, sobre limpeza e retirada de cascallos dos terreos lindantes ás vivendas do Gorxal.

68.- Moción do concelleiro do Grupo Popular, Sr. Couto Pérez, sobre medidas a tomar para evitar o deterioro do entorno da parroquia da Paz, no barrio do Calvario.

69.- Moción da concelleira do Grupo Popular, Sra. Molares Pérez, sobre constitución do Padroado da Escola Municipal de Artes e Oficios.

70.- Rogos e preguntas.