Escoitar
A matrícula estará aberta do 24 de setembro ó 7 de outubro

Aberto o prazo de inscrición da Escola Municipal de Artes e Oficios

Un total de 23 actividades con temáticas tan variada como arpa céltica, artes gráficas, canto popular, cerámica, construcción de zanfona e gaita, corte e confección, debuxo, encadernación, encaixe de palillos, escultura e talla na madeira, gaita, galego, inglés, luthería antiga, ourivería, percusión, pintura, repuxado en coiro, requinta, son e música moderna, violín folk e zanfona desenvolveranse o este curso na Escola de Artes e Oficios.

mércores, 24 set 2003
1064409049escuelaartes.jpg
Escola de Artes e Oficios
Para realizar a solicitude dos cursos a Escola abre prazo do 24 de setembro ó 7 de outubro e oferta un total de 733 novas prazas.

Os cursos, de xeito completamente gratuitos, están dirixidos a persoas maiores de idade agás os de contido musical que tamén están orientados a menores.

O lugar para formalizar a inscrición é a sede da Escola Municipal de Artes e Oficios ( García Barbón,5) en horario de 10.00 a 13.00h e de 16.00 a 18.00 horas.
Descargar todas as imaxes