O MARCO creará a "Agrupación de Amigos do Museo"
O Museo de Arte Contemporáneo contará cunha "Agrupación de Amigos do MARCO" que será presentada oficialmente o próximo venres pola directora do Museo, Carlota Álvarez Basso e a presidenta da Agrupación, Daniela Sarraíno.
O 7 de abril de 2003, o Padroado da Fundación Marco aprobou o Regulamento da Agrupación de Amigos do Marco, unha organización sen ánimo de lucro, que xa está integrada na FEAM (Federación Española de Amigos de los Museos), e que ten como finalidade "promover, estimular e apoiar cantas accións culturais, nos termos máis amplos, teñan relación coa misión e actividade do Museo."
Os membros das Asociacións de Amigos dos Museos son aquelas persoas interesadas na difusión e posta en valor do patrimonio cultural, que queren axudar aos museos e que dalgún xeito se comprometen a isto. Poden estar motivados por responsabilidade cívica ou por unha simple relación de proximidade ou coincidencia de ideas. En España hai máis de 50.000 Amigos, e o seu perfil é heteroxéneo.
No transcurso do acto, a directora do MARCO e a Presidenta da Agrupación de Amigos presentarán o Boletín de Inscrición na Agrupación e informarán a tódolos asistentes e invitados sobre os seus obxectivos, as diferentes categorías de socios, as súas contribucións económicas e beneficios asociados.
Descargar todas as imaxes