Escoitar

Exposición de xoias na Casa da Xuventude

A Casa da Xuventude acolle dende o día 30 unha exposición titulada "Xoias con formación académica", a cargo da Escola de Xoiería do Atlántico , e que forma parte do programa Mirarte da concellería de Xuventude. A exposición amosa os traballos de creación que realizan os alumnos e alumnas desta escola.

luns, 29 set 2003
A partires do martes abre esta mostra que contará cunha inauguración especial o venres día 3 de outubro, ás 20:00 horas.

As obras permanecerán expostas ata o venres 10 de outubro e poderán contemplarse de luns a venres en horario de mañás de 10 a 14 horas e pola tarde de 17 a 21 horas na Casa da Xuventude na rúa López Mora nº 31.

Mirarte

O programa Mirarte pretende que a sala de exposicións da Casa da Xuventude sirva de marco para calquera mostra de interese xuvenil e, á vez, de plataforma de lanzamento de novos artistas. En definitiva, é un foro de expresión ó servicio dos novos valores e un espacio para a creatividade artística.

Mirarte é o lugar adecuado para desenvolver novas vocacións e descubrir valores emerxentes. Os artistas atopan neste programa a posibilidade de camiñaren polos riscos do atrevemento ou de entregárense a calquera causa con fundamento. Nesta sala de exposicións municipal teñen cabida distintos xeitos de creación artística, que abranguen dende o debuxo ou a pintura ata manualidades ou traballos de obradoiros.