Escoitar

Mocións aprobadas no pleno

A Corporación Municipal acordou aprobar dúas mocións presentadas polo partido PP relativas á limpeza de terreos lindantes ás vivendas do Gorxal e sobre as medidas para evitar o deterioro do entorno da parroquia da Paz.

luns, 29 set 2003
José Manuel Iglesias, concelleiro do grupo municipal do Partido Popular, formuloua para o seu debate e aprobación en pleno a seguinte MOCIÓN

ANTECEDENTES

A comunidade de veciños das vivendas do Gorxal pediu no seu día á Comunidade de Montes de Cabral a cesión, para zona de esparcemento, da zona colindante ás súas casas, un espacio que tempo atrás foi ocupado por vivendas sociais, derribadas na década dos noventa.

A Comunidade de Montes de Cabral accedeu, mediante un certificado do seu secretario, D. J. Manuel Álvarez Estévez, con data 09-09-97, sempre e cando o Concello de Vigo saneara e retirara os escombros que alí existían. Dita certificación foi presentada por rexistro neste Concello e, naquel intre, non se considerou oportuna, pendente da actuación do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

Como queira que o IGVS xa procedeu ó saneamento exterior das vivendas e vai mellora-la urbanización, o Partido Popular pensa que é o momento de proceder á limpeza da zona, na actualidade convertida nun vertedoiro.

Expostos os antecedentes, se somete a debate e votación a seguinte

MOCIÓN

Que o Concello inicie, o máis pronto posible, os traballos necesarios para a limpeza e retirada de escombros do terreo colindante ás vivendas do Gorxal.

Parroquia da Pza

José Manuel Couto Pérez, concelleiro do grupo municipal do Partido Popular, formulou para o seu debate e aprobación en plenoa seguinte MOCIÓN

ANTECEDENTES

O entorno da parroquia de Nosa Señora da Paz, no barrio do Calvario, destaca polo seu deterioro e abandono. A zona convertiuse en marxinal. Os efectos do abandono que sofre e do "botellón" deixanse ver cada día no xardín lateral e no patio de atrás da igrexa, situada na rúa Gaivota, e chegan incluso ata as escaleiras do sótano da parroquia, a miúdo cheo de lixo.

As pintadas na fachada exterior do templo son unha constante, e o deterioro do entorno é patente. Hai losetas levantadas, o tellado da igrexa sofre as consecuencias de actos vandálicos e unha árbore ameaza con caerse na parte de atrás. Os veciños da zona e o párroco presentaron numerosas denuncias pola situación que viven na zona, na que ademais abundan os cans perigosos sin o correspondente bozal. A zona é unha das máis conflictivas de Vigo, mentres que a vixiancia e as actuacións na zona son escasas.

Expostos os antecedentes, se somete a debate e votación a seguinte

MOCIÓN

Que o goberno municipal adopte as medidas necesarias para evitar o deterioro que sofre o entorno da parroquia da Paz e a súa praza -Obispo Cerviño- e actúe tamén na erradicación do "botellón".

Que contemple a posibilidade plantexada por veciños e párroco da igrexa de instalar vallas no xardín lateral e no patio posterior, para evitar estas situacións.

O Partido Popular pide tamén que se incremente a vixiancia en todo o barrio, un dos máis marxinais de Vigo.