Escoitar

Caballero reúnese con representantes da Asociación de Veciños de Rosalía de Castro

O alcalde, Abel Caballero, reuniuse este martes con representantes da Asociación de Veciños de Rosalía de Castro para transmitirlles "unha mensaxe de tranquilidade" sobre a legalidade das súas vivendas e negocios.

martes, 7 ago 2007
1186490094alcalde070807.jpg
Finalizado o encontro, Caballero explicou que a intención do Goberno que preside é aprobar o Plan Xeral en 2007, xa que é "un elemento clave no desenvolvemento da cidade" que servirá, entre outras finalidades, para dar cobertura a vivendas ameazadas de ilegalidade como as de Rosalía de Castro. Neste sentido, o alcalde sinalou a necesidade de que o Plan sexa aprobado "con absolutas garantías".
Descargar todas as imaxes