A delegación de Vigo viaxa a Bangkok para aspirar á Universiada 2013<br />
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, que encabeza a delegación oficial da candidatura de Vigo para acoller a Universiada de Verán que se celebrará no ano 2013, viaxa este martes a Bangkok para coñecer a organización da XXIV Universiada, que se inicia o 8 de agosto nesta cidade.
Segundo anunciou o pasado venres o tenente de alcalde, Santi Domínguez, a delegación oficial da cidade de Vigo está acreditada polo Comité Organizador da Universiada de Bangkok 2007 coa categoría de "observadores", o cal permitirá coñecer de primeira man a organización da XXIV Universiada de Verán que se celebra na capital tailandesa.
A comitiva viguesa formada polo tenente de alcalde, Santi Domínguez; o reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, e a súa muller; o concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, Xabier Alonso; a concelleira Elena Maure, en calidade de arquitecta, e dous asesores do grupo de goberno, viaxa este martes a Bangkok e estará alí ata o domingo 12 de agosto.
Vigo aspira a celebrar a Universiada 2013 e os representantes queren coñecer as intalacións da capital tailandesa para presentar a mellor candidatura. A Universiada celébrase cada dous anos e convoca 10.000 atletas procedentes de 170 países, unhas cifras só superadas polos Xogos Olímpicos. A cidade de Murcia, que xa presentou a súa candidatura para a Universiada do 2011, tamén opta a organizar este evento no 2013. Deste xeito, antes do 2009, a cidade de Vigo ou a de Murcia serán designadas candidata oficial para acoller a Universiada.