Iolanda Veloso visita en Bouzas o campamento náutico "Tempo libre na Beiramar"
Os máis pequenos dispoñen dunha boa oportunidade para coñecer a ría de Vigo e as súas embarcacións tradicionais, segundo salientou esta mañá a concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, na visita que realizou ao campamento de actividades náuticas "Tempo libre na Beiramar", que se está a desenvolver na praia de Bouzas.
A concelleira explicou que este campamento se enmarca nas actividades desenvolvidas pola Casa da Xuventude e dirixidas aos rapaces. Neste caso concreto, no campamento "Tempo libre na Beiramar" poden participar nenos e nenas entre os 7 e os 12 anos.
A actividade está organizada en tres quendas, que tratan de dar resposta á alta demanda existente. Durante as primeiras horas da mañá, os rapaces participan nos obradoiros que se desenvolven nas instalacións da Asociación de Veciños de Bouzas, e xa a partir de media mañá participan nas actividades que se desenvolven na praia, como montar en piragua ou en falucho.
O obxectivo de iniciativas como esta que se realizan ao longo do verán é ofrecer unha alternativa de lecer aos nenos, mantendo un estreito contacto coa natureza ou coa historia da cidade de Vigo, como é no caso dos campamentos urbanos.