Sísifo Teatro representa "Parella aberta" na Praza do Rei
A mostra de Teatro Vigués continúa coa súa presentación na Praza do Rei e este martes, ás 23:00 horas, tócalle a vez a Sísifo Teatro coa obra "Parella aberta", de Franca Rame e Darío Fo.
Sísifo Teatro foi creada en 1984 polo director Manuel Camba. As últimas producións deste grupo teatral son "Lexionaria", de Fernando Quiñones; "Rosa de dos aromas", de Emilio Carballido; "¿Que...?", de diversos autores contemporáneos; "O bico da muller araña", de Manuel Puig; "Variacións en escabeche", con textos de Rafa Costas, actor da mesma compañía, e Anton Chejov; e "Parella aberta", de Franca Rame e Darío Fo, en tradución e adaptación de Cándido Pazó.
Franca Rame, actriz e autora teatral, escribiu "Parella aberta" xunto con Darío Fo, tamén actor e dramaturgo e marido de Franca Rame dende 1954. Ambos os dous escriben e representan obras cunha enorme carga social, que lles acarrean problemas coa censura, mais vense recompensadas en 1997 cando Darío Fo recibe o Premio Nobel de Literatura.
"Parella aberta" é unha obra dunha parella de corentóns, Antonia e Pío, que constitúen un matrimonio con fillos. Unha parella coma tantas de non ser porque Pío rompe co tradicional convencionalismo da fidelidade e adoba o seu vivir relacionándose con outras mulleres. A ninguén llo oculta, nin sequera á sufrida Antonia, a quen incluso anima para que faga o mesmo.
A obra será representada polos actores Rafa Costas e Marisa Rado e terá unha duración aproximada de 1 hora e 45 minutos. A entrada ao recinto é libre e gratuíta e cambiará en caso de inclemencias meteorolóxicas, celebrándose no Auditorio Municipal, tamén con entrada gratuíta até completar aforo.