Concello e concesionaria sitúan o inicio das obras do Auditorio en xaneiro de 2008
Así o anunciou este luns o alcalde, Abel Caballero, despois da reunión que mantivo cos representantes de Pazos de Congresos S.A., sociedade concesionaria do Auditorio-Pazo de Congresos.
Caballero adiantou que ata o final deste ano o Concello vai traballar conxuntamente coa concesionaria e os arquitectos para rematar un proxecto de execución para o Auditorio que contemple a construción desta infraestrutura dentro dos prazos previstos e coas condicións que marca a lei. Segundo o alcalde, o labor que queda por diante "non é unha cuestión nada fácil", xa que existen "diferencias extraordinariamente importantes" entre o proxecto básico aprobado en outubro de 2006, que prevía un orzamento de 85,7 millóns de euros, e o proxecto de execución presentado polos arquitectos e rexeitado por Pazos de Congresos S.A., no que se contempla un orzamento de 154,5 millóns.
Con todo, Caballero asegurou que existe unha "vontade común de contruír o Auditorio" por parte do Concello e da concesionaria, e que a tal fin se realizarán "modificacións para adaptar o proxecto ás especificacións do prego de condicións", sen que polo de agora se dean cifras por parte do propio alcalde ou da concesionaria. Caballero engadiu que a construción do Auditorio é un "obxectivo irrenunciable e firme", e situou o remate desta infraestrutura no ano 2010.
Pola súa parte, o director xeral de Caixanova, José Luis Pego, afirmou que "o acordo vai saír adiante co apoio de todas as partes e cos parámetros que garantan a calidade do proxecto". Neste sentido, Pego asegurou que "estamos no bo camiño" para conseguir "movernos dentro deses parámetros" asegurando ao mesmo tempo a "viabilidade económico-financeira" do proxecto.
Descargar todas as imaxes