Apoio do Concello ás actividades da Asociación Madres Latinas
Co obxecto de darse a coñecer entre os vigueses, a Asociación Madres Latinas ofrece actualmente na lonxa do Concello unha exposición na que dá conta das súas actividades. A mostra foi visitada este venres polo alcalde, Abel Caballero, xunto coas concelleiras de Benestar Social, María Méndez, e Xuventude, Iolanda Veloso.
A Asociación Madres Latinas naceu coa finalidade de salvagardar os dereitos dos nenos estranxeiros en Galicia. Entre os seus obxectivos principais figuran incurcarlles aos cativos a integración na cidade en que viven, sen por iso perdan a súa identidade, así como asesoralos para que practiquen a interculturalidade cos seus compañeiros de clase e de xogos.
Durante os últimos cinco anos, Madres Latinas ten realizado unha serie de actividades na Casa da Muller, para que as nais se integren e participen na vida da Asociación. Deste xeito, tense levado a cabo un grande intercambio multiétnico no cal sobresae o papel xogado polas nais latinas, co apoio das nais galegas. Estas actividades encadráronse en campos como o da gastronomía, o folclore, a danza, os primeiros auxilios, os bailes latinos e diferentes labores e manualidades en pintura e arte floral.
Ademais, Madres Latians ten participado nun amplo abano de charlas, foros e outros eventos importantes para dar a coñecer a súa preocupación polos nenos, tanto nas súas vidas escolares como nas súas vidas cotiás.
Descargar todas as imaxes