Escoitar

Revoltallo 2007, cita obrigada do verán vigués

A concelleira de mocidade, Iolanda Veloso, presentou este xoves no Concello a XIII edición do Revoltallo, que terá lugar do 13 ao 19 de agosto no Monte Alba de Valladares.

xoves, 2 ago 2007
1186054213cartelrevoltallo2007.jpg
Dende hai xa máis de trece anos o Revoltallo de Música Emerxente é unha cita obrigada para moitos xoves de toda a comunidade. Con este, o décimo carto aniversario, seguen a ser o festival máis antigo e de maior duración de toda Galicia, levando a cabo unha semana de concertos ó aire libre, onde os asistentes poden disfrutar de cada un dos grupos participantes en cada edición e de forma totalmente gratuíta.

Este ano o Revoltallo comezará o día 13 de agosto co Desfile de moda e rematará o domingo 19 de agosto coa actuación de Siniestro Total. Esta edición contará tamén coa participación de diversos grupos como poden ser os vigueses Catpeople, os alemáns Neaera, Forever it shall be e Suidakra, os ingleses Hecate Enthroned e o alemán DJ Sash, sen esquecernos do Plug & Play, unha oportunidade para os grupos noveis da localidade que queran ser estrelas por unha noite.

A dúas principais ideas do Revoltallo son apoiar ós xoves e grupos da cidade, dándolles a oportunidade de participar e tocar a carón de grupos de recoñecida traxectoria e cun nome importante na escena musical , tanto estatal como internacional, e ofrecer asimesmo unha alternativa única no panorama dos eventos musicais. Este Festival, ademáis, ten unha importancia social engadida xa que xurde dun colectivo de xente nova como é a Xuntanza Xuvenil de Valladares e que fan moitos esforzos cada ano para que o Revoltallo sega a ser un referente musical.

Ademáis de adicarse á música, actividade principal do Revoltallo, tamén contan coa colaboración desinteresada de outras organizacións, xuvenís ou non, grazas ás cales poden facer as coñecidas Actividades Paralelas e non menos importantes como son o XIV Desfile de Moda Revoltallo, o XIII Torneo Revoltallo de Magic, o VI Torneo de Rol en Vivo, o X Ciberrevoltallo, o IX Torneo de Espadas Revoltallo e a Exhibición de Capoeira.
Descargar todas as imaxes