Escoitar

"100 minutos" para coñecer mellor Vigo

O tenente de alcalde, Santiago Domínguez, presentou este xoves no Concello a iniciativa da Concellería de Turismo "100 Minutos", que comezará a semana que vén e que consistirá en diferentes rutas turísticas para que os nosos visitantes coñezan mellor a cidade de Vigo.

xoves, 2 ago 2007
1186056449santi020807.jpg
Santi Domínguez presentou esta mañá "100 Minutos" de mar, cultura e natureza, unha serie de rutas das que os nosos turistas poderán disfrutar a partir da semana que ven. Esta iniciativa, que xa existe dende o ano pasao, foi acollida pola concellería de turismo pero con algunhas novidades: a partir do 1 de setembro este programa será tanto para os turistas como para os vigueses e viguesas que queran coñecer algo máis da cidade, en grupos de no máis de 15 persoas. Ademáis este programa estará presente en todos os hoteis de Vigo e se estenderá aos centros educativos no que se elebará o número do grupo a 25 persoas.

O obxetivo desta proposta é que os vigueses e viguesas sexan tamén axentes turísticos e acercar aos nosos turistas a unha serie de rutas que distinguen a nosa cidade de outras.

Existen tres rutas especificas dentro desta iniciativa guiadas por dous persoas especialistas. A ruta cultural, que sairá dende o Marco e que aproximará ao grupo a todas aquelas zonas con relevancia cultural para a cidade, a ruta do mar, que sairá do Mercado da Pedra e guiará aos interesados por toda a zona da costa viguesa, e a ruta da natureza que terá lugar no Monte do Castro, lugar de nacemento da cidade.

As saídas de todas estas rutas serán ás 11:00 da mañá e ás 17:00 da tarde, esceptuando cando sexan visitas de centros educativos que os horarios se amoldarán aos seus horarios e no mes de agosto que dependerá da formación de grupos. A duración aproximada destas visitas será de 100 minutos.
Descargar todas as imaxes