Vigo acolle a sétima edición de "O Marisquiño"
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este luns no Concello a sétima edición de "O Marisquiño", un campionato de skate local que terá lugar no Paseo Marítimo do Club Náutico, As Avenidas, os días 11 e 12 de agosto.
O Marisquiño naceu en 2001 en Vigo como un campionato de Skate local e ano tras ano foi medrando ata consolidarse como o campionato máis importante da península nesta modalidade. Cada ano medra e integra novas disciplinas deportivas coa intención de converterse na referencia dos festivais de deportes urbanos e culturais do Estado.
Este ano "O Marisquiño" abandona a súa localización habitual na praia de Samil para trasladarse ao Náutico, lugar onde terá o espazo que precisa para seguir medrando. Con este novo emprazamento quérese trasmitir a imaxe de Vigo, onde o mar do novo contorno do evento se integra co espírito dunha cidade nova con enerxía para facer deporte e participar na cultura actual.
Unha das novidades deste ano na programación de "O Marisquiño" é a incorporación do Queimada Contest de BMX, actividade que consiste en facer acrobacias con bicicletas e que anteriormente se celebraba no Castro, e que, a día de hoxe, está considerado o campionato máis importante a nivel estatal.
Este grande evento integra outras moitas activadades relacionadas co deporte urbano, entre as que destacan: Arte urbán, pintar garffitis na rúa; Break dance, baile na rúa que este ano acollerá participantes de toda España, e Parkous, unha das novidades máis importantes deste ano que consiste en camiñar en liña recta salvando obstáculos. Tampouco pode faltar a música no Marisquiño polo que durante os días que dure o evento subirán ao escenario grupos musicais de Vigo, condición imprescindible para actuar.
Outra das grandes atraccións é a "game area" que Activisión instalará na esplanada do Náutico, dedicada a probar os xogos máis novidosos de todas as consolas. Neste sentido, a multinacional Activision, patrocinador oficial do evento, elixiu Vigo para a presentación do novo xogo "Tony Hawk Proving Ground" a nivel europeo. Este xogo, que sairá ao mercado en novembro mostrarase na cidade a periodistas de toda Europa do sector de videoxogos, o sábado 11 de agosto ás 12.30 do mediodía no Hotel AC Palacio Universal de Vigo.
Esta fin de semana de espectáculo e diversión poderase seguir en directo por Internet na páxina web oficial de "O Marisquiño" (www.marisquino.com), grazas a un dos seus patrocinadores, 3Gsentinel, a marca de produtos de videovixilancia creados pola empresa Avanmobile.
Descargar todas as imaxes