Escoitar

Celta e Atlético de Madrid disputarán o "Cidade de Vigo"

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de deportes, Xabier Alonso, presentaron este luns no Concello a XXXVII edición do Trofeo "Cidade de Vigo", que disputarán o Celta e o Atlético de Madrid o mércores día 8 de agosto ás 21.00 horas en Balaídos.<br />

luns, 6 ago 2007
1186404019Pict2133.jpg
O XXXVII Trofeo Cidade de Vigo, que se disputará o mñercores ás 21.00 horas, constitúe o ‘prato forte’ da pretemporada do Real Club Celta de Vigo. O conxunto de Hristo Stoichkov medirase ao Atlético de Madrid de Aguirre, que se reforzou de maneira notable dende que concluiu a pasada campaña.

Ao conxunto colchoeiro chegaron futbolistas da talla de Diego Forlán, Reyes, Cléber Santana, Luis García ou Simao, que completan unha prantilla chamada, unha vez máis, a pelexar cos grandes equipos de España. Para o Real Club Celta trátase dunha boa oportunidade para acelerar unha posta a punto que comezou a mediados do pasado mes de xullo. Agárdaos un encontro de moita esixencia que supón a presentación do equipo ante a súa afección tras os amistosos disputados ata o de agora en terras portuguesas.

O Trofeo Cidade de Vigo, que xa está máis que consolidado e se desenvolve na época estival en Vigo, espera acoller unha grande afluencia de público o vindeiro mércores, e poder, desta forma, seguir sendo un emblema máis da cidade no ámbito dos deportes. A esperada victoria do equipo local neste trofeo, podería ser un presaxio dunha tempada chea de alegrías para a bancada e o equipo, podéndose consolidar co ascenso ao final da liga.
Descargar todas as imaxes