Caixanova apoia o desenrolo de empresas de inserción na comarca de Vigo
Caixanova organiza unhas xornadas de traballo para impulsar o desenrolo das Empresas de Inserción na comarca de Vigo. Para isto, invitou a participar nas mesmas a responsables políticos, empresarios, sindicatos, entidades sociais e técnicos da administración.
As sesións de traballo se desenrolarán os días 8, 9 e 10 de novembro na Escola de Negocios de Caixanova e as conclusións serán presentadas nunha xornada pública o próximo 30 de novembro. Esta iniciativa enmárcase no Proxecto Compás, que se está levando a cabo na Mancomunidade do Area Intermunicipal de Vigo e que está financiada pola Iniciativa Comunitaria Equal.
Caixanova encomendou ao Grupo Emaús Fundación Social, entidade con recoñecida experiencia no ámbito das Empresas de Inserción, a coordinación de tódalas labores a desenrolar tanto no área de documentación como na dinamización dos Grupos de Traballo, así como na asistencia técnica a proxectos de Empresas de Inserción.
A posta en marcha de iniciativas de inserción laboral de colectivos desfavorecidos baixo estructuras empresariais, como é o caso das Empresas de Inserción, está condicionada en cada territorio a diversos factores normativos, políticos, económicos e sociais, así como ao nivel de sensibilización existente entre os axentes sociais, técnicos da administración e políticos con responsabilidade pública para o seu desenrolo. É preciso xerar e estender o debate entre tódalas partes implicadas e lograr un consenso a favor de ditas iniciativas.
Coa constitución dos grupos de traballo, onde contarase coa participación dos expertos Javier Pradini (Fundación Emaús), Luis Mª López-Aranguren (Fundación Tomillo) e Julio Martínez (Grupo Can Ensenya), Caixanova quere propiciar que se coñezan a fondo os contidos e obxectivos que perseguen as empresas de inserción e cales son as condicións básicas para a súa implantación e desenrolo.