O Concello de Vigo e a Federación de asociacións "Eduardo Chao" asinaron un convenio de colaboración para 2004
Entre as actividades financiadas destacan os gastos de administración e xestión, a asesoría xurídica, a festa veciñal e a elaboración dun Plano de Desenvolvemento Organizativo
A concelleira Lucía Molares e maila presidenta da Federación de Asociacións de Veciños "Eduardo Chao", Elena González, asinaron o convenio de colaboración entre o Concello e a Federación de asociacións, con unha axuda de 54.091 euros.
Esta subvención pretende financiar en parte o conxunto de accións organizativas, informativas e socio-comunitarias dunha Federación sen ánimo de lucro, declarada de utilidade pública municipal e que agrupa outras 33 asociacións.
A achega dirixirase ás diversas actividades que desempeña a federación, como gastos xerais de administración e xestión (25.285 euros), na festa veciñal 2004 (5.000 euros), para asesoría xurídica (9.000 euros), para as xornadas de presentación do Plano de Desenvolvemento Organizativo (7.150 euros), para o Plano de Desenvolvemento Organizativo (7.656 euros).
Concelleira e presidenta da Federación coincidiron en sinalar como unha necesidade o estudio e análise da situación externa e interna da Federación "Eduardo Chao"e o seu grao de participación na cidade, para revisar un convenio que se repite dende 1995 e analizar a súa posible ampliación.
Descargar todas as imaxes