Escoitar

Mañá inaugúrase o IX Encontro Sindical de Mulleres, coa preocupación pola saúde e a prevención de riscos como temas clave

O noveno Encontro Sindical de Mulleres terá lugar mañá no salón de actos do Hotel Lisboa. Os temas principais que se tratarán serán a prevención de riscos, as condicións laborais nos sectores máis feminizados e a lexislación vixente nos períodos de xestación e lactancia.

mércores, 3 nov 2004
1099492494nenas.jpg
A concelleira Lucía Molares xunto coas representantes sindicais da CIG, Cristina Fojo, de CC.OO., Elena Rodríguez, e da UGT, Olga Alonso, presentaron o IX Encontro Sindical de Mulleres, que terá lugar mañá no salón de actos do Hotel Lisboa de Vigo.

Os obxectivos desta novena edición do Encontro céntranse na saúde e a prevención de riscos, anque o estudio das condicións laborais dos sectores claramente feminizados será tamén obxecto de estudio. Poderíanse resumir deste modo:

- Analizar as condicións de traballo das mulleres.
- Coñecer os riscos laborais femininos.
- Estudiar de forma pormenorizada os sectores claramente feminizados.
- Coñecer os factores de risco ao longo da xestación e a lactancia, así como a lexislación vixente.
- Analizar as repercusións da dobre xornada na muller.
- Avaliar e prever os riscos laborais.


Dentro das materias a desenvolver na xornada, o programa prevé as seguintes:

- Condicións do traballo en sectores maioritariamente feminizados.
- Normativa actual sobre os riscos profesionais.
- Riscos laborais nos sectores: textil, servicios, ensino, hostalería, comercio, sanidade e alimentación.
- Xestación e lactancia: lexislación específica.
- A dobre xornada: un risco para a saúde.
- Medidas de prevención dos riscos laborais.

As representantes das concellerías da muller dos tres sindicatos quixeron agradecer o apoio do Concello a este noveno encontro e á súa causa de igualdade no traballo, "que tanto precisa da complicidade das administracións", dixeron.
Descargar todas as imaxes