A Xunta de Goberno aprobou o convenio de colaboración coa Federación de peñas "El Olivo", a adxudicación do contrato para a adquisición de 22 duchas e as subvencións para organiza-lo al
A cantidade comprometida coa Federación de peñas "El Olivo" foi de 6.000 euros a pagar en dous prazos. Por outra banda, as subvencións para organiza-lo alumeado de Nadal serán de 79.789,56 euros para a Federación de Comercio de Vigo (Fecovi), e de 19.000 euros para a Asociación de comerciantes e hostaleiros Vigovello.
A Xunta de Goberno Local celebrada hoxe no Concello de Vigo deixou, entre outros puntos, a aprobación do proxecto de convenio entre o Concello e a Federación de peñas recreativas "El Olivo" para a celebración do segundo congreso da federación. O pagamento da cantidade comprometida, 6.000 euros, farase en dúas fases: a primeira, de 3.000 euros nada mais firma-lo convenio e a segundo, de igual valor, unha vez presentada a memoria correspondente do congreso aludido e certificada pola persoa autorizada.
A Xunta de Goberno aprobou tamén a adxudicación do contrato para a adquisición de 22 duchas para a dotación de servicios básicos nas praias na temporada estival deste mesmo ano. O gasto autorizado é de 30.000 euros e a empresa adxudicada será "Metal FH Rosal", que propón un prezo de 21.722,37 euros para a instalación de duchas de dobre mastro en diversos areais de Vigo.
Outro dos puntos destacables na sesión de hoxe foi a autorización do gasto de 230.000 euros para a prestación de asistencia técnica para a execución das cláusulas 2ª, 3ª, 5ª e 8ª do convenio de colaboración coa Dirección Xeral do Catastro asinado o 21-12-2001 e quedará vinculado ao presuposto dos anos 2004, 2005 e 2006.
Tamén en materia de patrimonio e contratación aprobouse a prórroga do contrato de asistencia técnica e colaboración nos procedementos de recadación na vía de prema de ingresos municipais de dereito público e nos procedementos de xestión e recadación de expedientes sancionadores en materia de tráfico e seguridade vial. O período comprendido na ampliación vai dende o 6-11-2004 ao 5-11-2005 tal e como sinalaba a cláusula sexta do contrato asinado en 2002 no que se prevía a posibilidade de prorroga-lo contrato por dúas anualidades mais previo acordo expreso do órgano de contratación.
Aprobouse así mesmo a proposta do concelleiro delegado de persoal para modifica-lo acordo adoptado pola Xunta de Goberno do 11-10-2004 de aprobación da oferta de emprego público de 2003. Naquela ocasión, o 29 de decembro de 2003, o trámite de negociación político-sindical non chegou a ser ultimado por mor dos cambios no goberno municipal e, co obxecto de non demorar a súa aprobación, os membros asistentes deron conformidade á inclusión de 67 prazas, 53 de persoal funcionario e 14 de persoal laboral.
Alumeado de Nadal
En materia de turismo e comercio, a Xunta de Goberno Local aprobou a subvención á Federación de Comercio de Vigo (Fecovi) para a decoración alumínica do Nadal por un importe de 79.789,56 euros. O Concello quere colaborar coas asociacións de comerciantes da cidade, seguindo as políticas de aforro enerxético e paliativas da contaminación alumínica. Por este motivo, a Concellería vai potenciar a substitución dos arcos tradicionais de lámpada de máis de 15 watios por outras figuras decorativas de baixo consumo.
Co mesmo motivo e seguindo coa política de aforro enerxético, a Concellería de Turismo concederá unha subvención de 19.000 euros á Asociación de comerciantes e hostaleiros Vigovello para que organice o alumeado do Nadal naquelas rúas que pertencen a devandita asociación.
Descargar todas as imaxes