Escoitar

Xunta de Goberno Local

Convócase á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 2 de novembro de 2004, ás 8,00 h. en 1ª convocatoria e ás 9,00 h. en 2ª convocatoria.

venres, 29 out 2004
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 2 DE NOVEMBRO DE 2004.


1.- Acta da sesións do 6, 13, 20, 22 e 27 de setembro de 2004.


ALCALDÍA
2.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Federación de Peñas recreativas "El Olivo" para a organización do Congreso da Federación de Peñas Recreativas el Olivo. Expte. 1475/101.


BENESTAR SOCIAL
3.- Dar conta da relación de expediente de gasto menor tramitados polo departamento de Benestar Social durante os meses de maio a setembro de 2004.

4.- Prestación do Servizo de Axuda no Fogar: alta exptes. 16/8496, 3/746.

5.- Prestación do Servizo de Centro de día para persoas maiores: alta expte.15/000000/04.


FESTAS E ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL
6.- Devolución de aval constituído para a contratación da actuación de The Offspring nas Festas do Cristo da Victoria 2004. Expte. 1229/335.


MEDIO AMBIENTE
7.- Adxudicación do contrato para a a adquisición de 22 duchas para a dotación de servizos básicos nas praias na temporada estival 2004. Expte. 2701/306.


MUSEO "QUIÑONES DE LEON"
8.- Solicitude de préstamo da obra "Pomba" de Caulonga para a exposición "Antolóxica de Caulonga" do Centro Cultural Caixanova de Vigo. Expte. 1251/337.

9.- Solicitude de préstamo de obras para a exposición "A Galicia Moderna" do Centro Galego de Arte Contemporánea. Expte. 1212/337.


PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
10.- Expediente sancionador a Conycase S.L. referente ao aparcamento da rúa Venezuela. Expte. 17035/240.

11.- Adxudicación do concurso para a colaboración na xestión catastral delegada do Concello de Vigo. Expte. 129/500.

12.- Adxudicación do concurso para s subministración de mobiliario para a oficina de Intervención Xeral. Expte. 10323/140.

13.- Prórroga do contrato de asistencia técnica e colaboración nos procedementos de recadación na vía de prema de ingresos municipais de dereito público e nos procedementos de xestión e recadación de expedientes sancionadores en materia de tráfico e seguridade vial. Expte. 5510/540.

14.- Prórroga do contrato da póliza do seguro de responsabilidade civil e patrimonial do persoal do Concello de Vigo. Expte. 17118/240.

15.- Prórroga do contrato de servizo de limpeza da Casa do Concello de Vigo e demais dependencias en que se prestan servizos municipais. Expte. 15358/240.

16.- Revisión de prezos do servizo de retirada, depósito e custodia de vehículos. Expte. 17116/240.


PATRIMONIO HISTÓRICO
17.- Dar conta da presentación por parte da Fundación Liste-Museo Etnográfico de Vigo de documentación necesaria para o pagamento de subvención municipal. Expte. 2176/307.


PERSOAL
18.- Proposta do concelleiro delegado de Persoal para modificar o acordo adoptado pola Xunta de Goberno do 11.10.04 de aprobación da oferta de emprego público do ano 2003. Expte. 15283/220.


TURISMO E COMERCIO
19.- Subvención á Federación de Comercio de Vigo (Fecovi) para a organización do alumeado de Nadal. Expte. 1524/104.

20.- Subvención á Asociación de Comerciantes y Hosteleros Vigovello para a organización do alumeado de Nadal. Expte. 1521/104.

21.- Proposta de concesión de subvención á empresa Temperán&Animals para a organización do programa de fomento da vela "Vigo a Vela". Expte. 1518/104.


URBANISMO
22.- Aprobación inicial do Proxecto de Urbanización da U.A. IV-07 Montecelo Alto. Expte. 4443/401.

23.- Aprobación inicial da delimitación dunha área de normalización de fincas na avda. de Castrelos, 133 e 135. Expte. 4522/401.

24.- Constitución da Xunta de Compensación do Polígono 1 do Plan Parcial 03.23 Baruxáns B en Bembrive. Expte. 4530/401.


VIAS E OBRAS
25.- Devolución do aval a favor de Ripalone S.L. constituído para circular pola rúa Cervantes 15 con camión de gran tonelaxe. Expte. 42627/250.


26.- Rogos e preguntas.