Presentación da Fundación Axencia Intermunicipal da Enerxía
Corina Porro recibiu ao Conselleiro de enerxías novas e renovables na Dirección Xeral de Enerxía da UE, Gonzalo Molina.A súa presencia se debe a que asistirá á presentación da Fundación Axencia Intermunicipal da Enerxía.
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, recibiu ao Conselleiro en materia de enerxías novas e renovables, xestión da demanda e desenvolvemento sostible na Dirección Xeral de Enerxía e Transportes da Comisión Europea, Gonzalo Molina, con motivo da súa presencia na presentación da Fundación Axencia Intermunicipal da Enerxía, que terá lugar na tarde do martes na sala de conferencias do Centro Social Caixanova. O acto contará tamén coa presencia do conselleiro de Industria, Juan Rodríguez Yuste como patrono de honra, e da propia alcaldesa.
Descargar todas as imaxes