Concello e asociación "A nosa terra" asinan un convenio para a rehabilitación da antiga rectoral de Alcabre como centro social
O convenio comprende a primeira fase das obras, por un importe de 180.303,60 euros e que correrá a cargo da Deputación Provincial de Pontevedra.
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, asinou xunto con Mercedes Comesaña, presidenta da asociación de veciños "A nosa terra", o convenio de colaboración entre ambas entidades para a realización da primeira fase das obras de rehabilitación do edificio da antiga rectoral de Alcabre.
Por medio deste convenio, a Deputación de Pontevedra comprométese a executar as obras de rehabilitación do edificio, que desempeñará funciones de local cultural e social, por un importe de 180.303,60 euros. O Concello de Vigo, pola súa parte, pon a disposición da deputación os terreos necesarios para levar a cabo a remodelación, e a asociación de veciños "A nosa terra" corre co mantemento das novas instalacións e a vixilancia e conservación das mesmas, para que se atopen sempre en perfecto estado para o uso e aproveitamento de tódolos cidadáns.