Escoitar

A alcaldesa e o director xeral de Aqualia visitan as obras do peche da rede perimetral de abastecemento

Corina Porro, xunto co director xeral de Aqualia, Fernando Moreno, e o concelleiro de Servicios Xerais, José Manuel Iglesias, visitaron esta mañá as obras do peche da rede perimetral de abastecemento de Valladares.

venres, 5 nov 2004
1099666180aqu.jpg
A alcaldesa, Corina Porro, e o director xeral de aqualia, Fernando Moreno visitaron hoxe acompañados do concelleiro José Manuel Iglesias e do director de zona da empresa concesionaria as obras do peche da rede perimetral de abastecemento, que se iniciaron hai catorce meses e que estarán rematadas en febreiro de 2005.

O peche da rede perimetral de abastecemento, no que se investiu 9 millóns de euros, permite garantir o servicio de auga potable ante calquera problema de sequía na presa de Zamáns nas parroquias de Valladares, Beade, Matamá, Coruxo, Oia, Saiáns, a Cidade Universitaria e Nigrán, cunha poboación abastecida duns 96.000 habitantes. A obra posibilita o desenvolvemento urbanístico e industrial de Vigo, abastecendo ao novo Parque Tecnolóxico e ao Pau de Navia, onde residirán mais de 16.000 habitantes. Ademais, unha vez rematados os traballos, a cidade de Vigo terá dous posibilidades alternas de servicio ante avarías nunha boa parte da rede xeral. A obra tamén dará estabilidade ás presións do servicio mellorando a súa calidade en gran parte das vivendas.

Os traballos inclúen a instalación de tres tramos de tubería: o peche da rede perimetral dende a rúa Cantabria ata a rúa Cañiza, que contempla 4,6 quilómetros de tubería de fundición de 700 milímetros de diámetro e 2,9 quilómetros de tubería de fundición de 500 milímetros; a denominada impulsión a Valladares, con 5,5 quilómetros de tubería de fundición de 500 milímetros de diámetro, e a conducción de suministro ao Parque Tecnolóxico, con 1,4 quilómetros de tubería de fundición de 300 milímetros.

A meirande parte das conduccións instaladas seguiron o trazado dos viais públicos da cidade e, trala súa instalación, procedeuse á reposición do pavimento.

Entre os traballos executados destacan dos obras singulares: o novo depósito de Valladares e o bombeo de Macal, que garante o seu abastecemento. En canto ao primeiro, o depósito de Valladares dispón dun volume de almacenamento de 5.600 metros cúbicos, que garanten o suministro de auga potable a amplas zonas das parroquias de Beade e Valladares, así como ás industrias que se establezan no Parque Tecnolóxico. O bombeo de Macal, situado nunha arqueta soterrada no lateral da estrada ao CUVI, cumpre a función de impulsar a auga ata o novo depósito de Valladares e posibilita enviar un caudal máximo de 200 litros/segundo a un punto 100 metros máis elevado.
1099666180aqu.jpg
1099666212aqu1.jpg
Descargar todas as imaxes