Escoitar

O rexedor recibe á presidenta da Fundación Pasqual Maragall

Abel Caballero e a tenente de Alcaldía, Carmela Silva, mantiveron un encontro este xoves con Cristina Maragall, presidenta da Fundación, e filla de Pasqual Maragall.

xoves, 24 abr 2025

O ex presidente da Generalitat de Cataluña, Pasqual Maragall, creou esta entidade, privada sen ánimo de lucro, dedicada á investigación científica do Alzheimer, das enfermidades neurodexenerativas e das neurociencias, tras ser diagnosticado no ano 2007.  Esta mañá, a súa filla e actual presidenta, reuniuse nas dependencias municipais con Abel Caballero e a tenente de Alcalde, Carmela Silva.

Cristina Maragall púxolles en coñecemento do traballo da Fundación Pasqual Maragall, dedicada á investigación científica do Alzheimer, e o rexedor aproveitou para trasladarlles o apoio que dende o Concello de Vigo se realiza a AFAGA Alzheimer, asociación coa que o ente municipal ten proxectos en marcha. O alcalde tamén lembrou algúns dos momentos vividos con Pasqual Maragall, cando era alcalde de Barcelona e Caballero ministro do Goberno de España, o que provocou que co que mantivesen unha constante relación. O Concello de Vigo e a Fundación Pasqual Maragall continuarán en contacto para dar apoio ás persoas con Alzheimer e aos seus familiares.

 

 

Descargar todas as imaxes