Escoitar

A humanización da rúa Pazo priorizará o tránsito peonil

Abel Caballero informou de que mañá a Xunta de Goberno Local aprobará a adxudicación da humanización da rúa Pazo en Bouzas por un importe de 379.146,88 euros.

xoves, 24 abr 2025

A Xunta de Goberno aprobará mañá a adxudicación da humanización da rúa Pazo en Bouzas, que tal e como explicou Caballero, a humanización priorizará “o tránsito peonil” fronte ao dos vehículos, que tamén poderán circular. Conta cun importe de adxudicación de 379.146,88 euros e un prazo de execución de 4 meses.

As actuacións inclúen a renovación da pavimentación con materiais acordes á contorna: baldosas e bordos de granito en dúas tonalidades de gris, renovación das redes de servizos coa instalación de iluminación eficiente, rede separativa para augas pluviais, renovación da rede de abastecemento, canalización da rede de telecomunicacións e soterramento do tendido aéreo e canalización da rede de enerxía eléctrica.

Este proxecto esta incluído no Plan de Sostibilidade Turística, un plan global dotado cun máximo de 2 millóns de euros financiados cos fondos europeos Next Generation EU do Ministerio de Industria e Turismo.

Descargar todas as imaxes