Caballero asegura que Concello e Zona Franca non escatimarán esforzos para salvar Conxemar
“Concello e Zona Franca salvarán Conxemar e o Ifevi a pesar de ser unha competencia da Xunta de Galicia” dixo hoxe o alcalde. Insistiu na importancia de acometer a ampliación do recinto para salvagardar o futuro de Conxemar.

O alcalde de Vigo reiterou esta mañá o compromiso da Zona Franca de salvar a ampliación do Ifevi cunha achega de entre 17 ou 18 millóns de euros o que permitirá acometer a ampliación que precisa Conxemar para garantir a súa presencia en Vigo. “A Xunta de Galicia non foi capaz de lanzar o Ifevi coa potencialidade que ten en Vigo, en Galicia e en España. Non é capaz de asumir unha ampliación que é imprescindible para Conxemar”. Caballero insistiu en que desde o Concello e Zona Franca asumirán o custo na súa totalidade da ampliación a “pesar de ser unha competencia autonómica”.
Caballero criticou que a decisión unilateral da Xunta de cifrar en 31,4 millóns as achegas autonómicas ao Ifevi en 31,4 millóns desde 1988, mentres que sitúa a aportación municipal en 1,6 millóns. Neste punto, anunciou o encargo dun estudo independente que valore as cantidades achegadas por cada administración ao longo da historia do recinto feiral.
Lembrou que o Concello de Vigo financiou o 70% do espazo do instituto, cos pavillóns 1, 2 e 3, mentres que a Xunta achegou ata o de agora o 4 porque o quinto aínda non o aportou, sinalou. “Para Conxemar é imprescindible salvagardarse do ataque que procedente doutros lugares de España», insistiu Caballero», ha precisado. “A Xunta o que pretende á comprometer os recursos do Concello para o futuro e non llo imos consentir”.