Escoitar

O HALO, premiado polo Colexio de Enxeñeiros, Camiños e Portos

O ascensor da cidade recibirá un accésit do Premio Acueducto de Segovia de Obra Pública e Medio Ambiente que concede de xeito bianual o Colexio de Enxeñeiros, Camiños e Portos e a Fundación Camiños de España para recoñecer o fomento da obra pública no ámbito nacional pola súa transcendencia económica e social, así como polo destacado papel que exerce no progreso e no benestar cidadá.

mércores, 23 abr 2025

A concesión deste recoñecemento fíxose pública este mércores no transcurso do congreso sobre "Rexeneración urbana da contorna da estación de Vigo", organizado polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, no que o alcalde puxo en valor o novo modelo de Vigo tras a construción da estación de alta velocidade de Tom Mayne e o ascensor HALO. "Onde había un buraco hoxe hai un novo centro da cidade", explicou.

Caballero lembrou a historia da construción destes fitos e avanzou que aínda hai que construír na contorna do HALO novas rúas e espazos para a cidadanía. Co HALO como nova icona de Vigo, tamén puxo de manifesto a importancia da mobilidade co corredor mecánico entre o Areal e o Barrio de Ribadavia: "É unha forma de ver unha cidade na modernidade, vertebrada na súa mobilidade e socialmente".

Descargar todas as imaxes