Escoitar

O Marco e a Neira Vilas celebran o Día do Libro

O alcalde avanzou as actividades previstas para esta xornada de mércores, 23 de abril, Día Internacional do Libro, e animou á cidadanía a achegarse á “literatura, á poesía, á lectura”.

mércores, 23 abr 2025
Foto de arquivo da Biblioteca Neira Vilas
Foto de arquivo da Biblioteca Neira Vilas

A biblioteca municipal Neira Vilas organiza esta tarde, ás 19:30 horas, unha charla sobre o libro “Cantos do mar” na que participarán os autores Susana Rodríguez Barcia e Bosco Gil de Gárate, que guiarán aos participantes nun percorrido sonoro pola obra, interpretando en directo unha selección das cantigas que inclúe.

“Cantos do mar” é a primeira antoloxía comentada e traducida ao galego de cantos de traballo e cancións mariñeiras de folk anglosaxón, datadas entre os séculos XVI e XVII.

Abel Caballero lembrou tamén que o Marco organiza hoxe unha nova experiencia de Bookcrossing sumándose a outros 41 museos e centros de arte de España compartindo as súas publicacións e liberando exemplares da propia biblioteca, que quedarán na fachada principal do museo e repartidos en diferentes puntos da cidade. O obxectivo é a divulgación, de modo que as persoas que recollan os libros poidan gozalos e volvan liberalos en calquera punto do mundo.

 

Descargar todas as imaxes