A obra de humanización da Avenida de Madrid comeza o 5 de maio
A Xunta de Goberno Local aproba este venres a contratación do servizo de coordinación de seguridade e saúde das obras de remodelación da vía de entrada á cidade.

O alcalde explicou que se trata da última contratación necesaria para poder iniciar os traballos e a previsión é que poidan facelo o vindeiro 5 de maio.
“Será a gran transformación da avenida” cunha actuación en 2,37 quilómetros, desde a Praza de España ata o Seminario. A Avenida de Madrid quedará plenamente integrada na cidade, transformándose nunha vía urbana e contará con elementos de deseño e estéticos seguindo os modelos de humanización desenvolvidos nos últimos anos na cidade.
O rexedor valorou a actuación que permitirá configurar un novo acceso á urbe “a través dunha grande avenida, que todo Vigo desexa”.