O Marco acolle as proxeccións do Festival Artfutura
O MARCO inicia a programación audiovisual co "Festival ARTFUTURA" sumándose á celebración deste festival de arte e tecnoloxía, que por primeira vez se presenta simultaneamente en seis museos e centros culturais de España.Á vez que Vigo celébrase en Barcelona, Granada,Madrid, Valladolid e Vitoria.
As proxeccións terán lugar os días 9,10,11,16 ,17 e 18 de outubro no salón de Actos do Museo. A programación audiovisual de Artfutura 2003 inclúe os monográficos clásicos no festival, como Artfutura Show e o Premio 3D Infografía en España, xunto coa estrea da nova edición 2003 de Resfest, nun especial sobre a cultura audiovisual dos videoxogos. En total , máis de dez horas de curtos, pezas de animación narrativa e experimental, vídeo clips, intros e "Motion graphics".
Calendario e programas
xoves 9 e venres 17 de outubro
21.00- Programa A: Art Futura Show (60’)3D Infografía en España (60’)
venres 10 e xoves 16 de outubro
21.00-Programa B: Full Motion Theatre I+II (120’)
sábados 11 e 18 de outubro
17.00-Programa C:Resfest 2003: By design (70’), Cinema Electronica (70’), Videos that rock (70’), Retrospectiva Michel Gondry (70’)
Programa A
3D INFOGRAFÍA EN ESPAÑA (55’)
O Premio 3D Infografía en España ofrece os mellores traballos de animación 3D e efectos especiais producidos durante o último ano. O público terá a oportunidade de votar ó gañador do Premio Infografía en España 2003.
ARTFUTURA SHOW (55’)
Os mellores traballos de animación dixital creados internacionalmente, coa inclusión de "Eternal Gaze" de Sam Chen, que obtivo o Premio á Mellor Animación na derradeira edición do Siggraph.
Programa B
FULL MOTION THEATRE I + II (60’ cada programa)
Unha selección monográfica, un especial adicado ó espacio de cruce entre o mundo interactivo dos video xogos e a narrativa cinematográfica.
Programa C
RESFEST 2003
BY DESIGN (70’)
A recopilación de deseño para televisión e pezas de "motion graphics" (gráficos en movemento) trascende os fins que deron orixe a este medio: temas como a alienación post apocalíptica, e situacións hipotéticas do futuro, en equilibrio con traballos que exploran a forma e función do espacio urbano e maila civilización moderna.
CINEMA ELECTRONICA (70’)
Os video clips de música electrónica máis audaces e innovadores producidos nos últimos doce meses. Unha elaborada mostra do inmenso potencial cinematográfico da música electrónica.
VIDEOS THAT ROCK (70’)
"O Rock and Roll nunca morrerá" parece ser a orgullosa proclamación dos cineastas responsables desta selección, que rexeitan a idea de que un vídeo haberá de retratar unha actuación sobre un escenario, e presentan en troques despregues audiovisuais espectaculares e narracións alegóricas.
RETROSPECTIVA MICHEL GONDRY (70’)
A precoz habilidade de Michel Gondry coa xeometría e o seu pasado como batería dun grupo de rock parisino de pretensións artísticas non son os únicos factores que convirten a este innovador visual de sona internacional en alguén diferente dos demáis directores, que misturan nos seus proxectos a pesquisa científica cunha inspiración un tanto punk e caseira. Non é abraiante que gañase a posición entre os creadores de video clips, na publicidade e, cada vez máis, no mundo do cine.
Descargar todas as imaxes