martes, 7 outubro 2003

Aprobadas as bases para elaborar programas educativos

martes, 7 out 2003

A Comisión de Goberno ven de aprobar as bases do concurso de ideas para a elaboración e desenvolvemento dos programas educativos do Concello de Vigo para o curso 2003-2004, cara impulsar iniciativas didáctico e pedagóxicas que fagan posible a mellora da calidade formativa da comunidade educativa e que poidan integrarse nas programacións dos centros.

A web do Concello permite pagar os recibos a través de Internet

martes, 7 out 2003

A web municipal permite aos cidadáns pagar os recibos das taxas e impostos municipais mediante o uso do pagamento electrónico a través de Internet. O obxectivo da Concellería de Persoal, Patrimonio e Contratación é facilitarlle aos usuarios o cumprimento destas obrigas, de xeito que non teñan que desprazarse, segundo explica o seu titular, María Luísa Graña.

Anuncio de Tráfico, Seguridade e Transportes

Peche de tráfico na rúa Manuel Núñez

martes, 7 out 2003

Ponse en coñecemento do público en xeral que, por mor das obras do aparcadoiro soterrado da rúa Urzáiz pecharase ó tráfico rodado a rúa Manuel Núñez no tramo desta entre as rúas Gil e Urzáiz mañá, día 8 ás 11,00 horas e por un período aproximado de seis meses.