A web do Concello permite pagar os recibos a través de Internet
A web municipal permite aos cidadáns pagar os recibos das taxas e impostos municipais mediante o uso do pagamento electrónico a través de Internet. O obxectivo da Concellería de Persoal, Patrimonio e Contratación é facilitarlle aos usuarios o cumprimento destas obrigas, de xeito que non teñan que desprazarse, segundo explica o seu titular, María Luísa Graña.
O primeiro paso que debe dar o usuario é introducir os datos do recibo que se queira pagar (emisora, referente, identificación e máis importe). Unha vez cumprido este requisito mostrarase o recibo cos datos do contribuínte. O seguinte paso é pulsar pagar para que os datos do recibo pasen ao banco e a continuación este mostra a ventá de pago sobre o seu servidor seguro de pago. Cando o pagamento é correcto, o banco devolve a mensaxe correctamente pagado, co seu código de operación e data.
Impresión de recibos
Outra das novidades que incorpora a web do Concello é proporcionarlle ao contribuínte a posibilidade de imprimir na súa propia casa os recibos das taxas e impostos municipais, sen esperar a que los envíe o Concello e sen ter que vir ata as súas oficinas da Praza de Rei.
Os usuarios só poderán imprimir os recibos que estean dentro do período de pagamento, de xeito que poderán adiantarse ao envío do recibo, pero tamén corrixir extravíos ou problemas co servicio de correos.
Os cidadáns que recorran a este sistema, unha vez impreso o recibo, terán que levalo ao banco e facer alí o pagamento. Incluso despois de pagar o recibo, o usuario poderá recibir na súa casa a comunicación do Concello que ratifique a validez do pagamento.