A concellería de Cultura e o vicerrectorado de Extensión Universitaria da Univesidade de Vigo firman un protocolo de colaboración
A pretensión do convenio é desenvolver iniciativas e proxectos de caracter cultural dirixido á cidadanía viguesa en xeral e, en particular, á comunidade universitaria do campus de Vigo.
O Concelleiro de Cultura, Santiago Domínguez Olveira, e o Vicerrector de Extensión Universitaria e de Estudiantes, Óscar Rubiños López, asinaron esta mañá un Protocolo de colaboración que pretende promover unhas relacións estables entre Concello de Vigo e Universidade de Vigo en materia de cultura.
A colaboración pasa pola realización de eventos culturais; programas de dinamización relacionados cos eidos das letras, o cine, a música, programas de apoio ós novos valores;foros de debate plurais que permitan achegarse ó pensamento contemporáneo; proxectos ou actividades vanguardistas e alternativos de calidade e proxectos ou actividades de formación para os axentes culturais.
A primeira actuación froito deste Protocolo de colaboración vai se-la programación dun foro de debate ó longo deste trimestre que neste momento está en fase de programación. Tamén están previstas accións arredor da literatura ou do cine.
O Protocolo tamén supón o intercambio de información, de recursos e de espacios para a programación que ambas institucións desenvolvan. Así, a Universidade pon a disposición o Paraninfo da Universidade e as instalacións da Cidade Universitaria (Salón de actos, salas de conferencias).Pola súa banda, a Concellería de Cultura abre as súas portas a actividades na Casa Galega da Cultura e no Auditorio do Concello. A pretensión destas colaboracións é achegar oferta cultural da Concellería ó campus e, tamén, que oferta cultural do Vicerrectorado poida abrirse á cidadanía viguesa.
No Protocolo tamén se fai referencia ó apoio mutuo na difusión de actividades culturais, facilitando a canalización das mesmas a través dos diversos soportes cos que contan as dúas institucións.
Descargar todas as imaxes