Escoitar

Conferencia en Vigo da activista Tal Haran

A activista pola paz TAL HARAN da unha conferencia en Vigo na Casa das Mulleres o martes día 7 ás 20 horas, co título "Desobediencia en Israel. Xentes e voces deconstruíndo unha sociedade militarizada".

luns, 6 out 2003
Tal Haran está a realizar unha xira por distintas localidades do Estado Español para dar a coñecer as actividades que a organización NEW PROFILE desenvolve no Estado de Israel. New Profile, "movemento para a civilización da sociedade israelí", é unha organización creada hai cinco anos, que nace do convencemento de que é preciso cuestionar a arraigada influencia do militarismo na sociedade
israelí.

O seu nome, "Novo perfil", alude ao seu obxectivo a longo prazo: mudar o perfil da militarizada sociedade israelí -centrada na guerra e o e poder- para transformala unha comunidade que constrúa activamente a paz. Unha sociedade na que se protexan e promovan por igual os dereitos de toda a
cidadanía e na que se respecten os dereitos humanos de todas as persoas que residan dentro e fóra das fronteiras de Israel.