Vías e Obras inicia a renovación e ensanche de seis rúas
A concellería de Vías e Obras pon en marcha unha programación de renovación e ensanche de beirarrúas da cidade priorizando as zonas de maior uso e en peor estado. O programa , que terá continuación ó longo dos orzamentos dos próximos anos, está apoiado nun estudio de diagnóstico das beirarrúas de Vigo realizado nos meses de xuño e xullo deste ano polos servicios municipais de Vías e Obras.
O concelleiro Xabier Toba explicou que no estudio de diagnóstico especifícase os lugares onde é preciso , urxente e inaprazable actuar; onde compre a actuación de completa renovación e onde, cunha actuación profunda de mantemento, a situación queda resolta. O concelleiro de Vías e Obras engadiu que "baixo estes criterios e coa capacidade que temos neste intre, imos iniciar o procedemento para contratar a renovación completa e ensanche, de seis rúas da cidade".
As rúas onde se procederá de inmediato a renovación, son Avda. de Balaídos e as rúas Portela, Baiona, Purificación Saavedra, Arxentina, Marín e Cangas. As obras teñen un custe total de 668.891 €, e o prazo de duración de cada unha das obras son de tres meses.
Toba matizou que en todas as actuacións cumprirase estrictamente a Ordenanza Municipal de Eliminación de Barreiras Arquitectónicas, de tal xeito que a altura dos bordos oscilará entre 15 e 18 cm. e procurarase a ampliación das rúas se é posible, como no caso de Balaídos que chegará ós 4 metros.
Renovación e mellora de infraestructuras de saneamento
Por outra banda, o concelleiro de Vías e Obras tamén informou do inicio das obras de substitución de tubería de fibrocemento por entubado de fundición no camiño do Viso , na estrada de Vilar e as obras de complementario de saneamento no camiño do Turido. Estas obras teñen un presuposto de 49.646,64 € e realízanse con cargo o orzamento da concellería de Vías e Obras e do convenio asinado coa concesionaria do servicio, Aqualia.
Tamén procederase a realizar obras de mellora de rede de abastecemento e saneamento coa substitución do tubo de fibrocemento por tubería de fundición nas rúas: Dr. Marañón, Pescadores, 1ª Travesía da Salgueira,. Lalín, Marín, Balbarda, Coutadas, Camelias , Roade e Avda. Atlántida.
Descargar todas as imaxes